Paseando co meu can pola veira do río Miño cruzámonos cun descomunal exemplar de Terrier Ruso, unha raza que non tiña visto na miña vida, e que parece ter a facultade de producir unha mezcla de temor e fascinación a quen se lle achega. Xa na casa busquei na rede algunha referencia a estes mastodónticos animais e atopei que se trata de cans deseñados para a guerra, parece que evolucionaron a partir de un macho de Schnauzer xigante (Roi) e femias de Airdale Terrier, Rotwailer, Can de Augas Moscovita, etc. De estes retrocruces comformouse o que hoxe se coñece como Terrier Ruso, curiosamente un can que non se atopa no catálogo de razas perigosas, como moitos outros que aparecen e desaparecen dos listados en función dos caprichos de cada comunidade autónoma. É posible que a perigosidade resida nas técnicas de adestramento, pero a bomba de reloxería xenética que levan dentro produce un pouco de respecto.
Engado un enlace a un relato de Arturo Pérez Reverte "Historia de un perro asesino" que atopei no blog Historias con historia, tamén moi recomendable.
apnea
Un mergullo na rede
jueves, 6 de diciembre de 2007
Cans
Regalos do Nadal
Novas tecnoloxías para o Nadal, elixir o viño que mais nos guste e descargalo vía USB.
PISA
Estes días a noticia de mais relevancia parece estar nos resultados do informe PISA, é curioso que todo o mundo fale das conclusións dunha avaliación que descoñecemos, eu concretamente aínda non fun capaz de atopar a proba, pero estou seguro de que alguén a viu, si é así, por favor deixade un enlace.
Ocorrenseme un montón de cuestións que poderían sesgar a presunta obxectividade dos resultados:
- A recoñecida diferencia de puntuacións en base a circunstancias socioeconómicas, sempre a favor dos mais favorecidos, da que tampouco conseguir ver a estadísitica desmenuzada polo miudo para coñecer, por exemplo, a contribución da escola pública respecto da privada á presunta excelencia académica.
- Tamén resulta significativo que a decisión de ser sometidos voluntariamente a unha avaliación externa non condicione o rendemento nas probas. Moitas comunidades autónomas e algúns países europeos negáronse a facer o control.
- O mais importante, que a análise se restrinxe a comprobación do rendemento académico do alumnado, considerado producto final dun sistema eductivo, baseado nunha concepción do coñecemento e da excelencia académica globalizadora e incuestionablemente obxectiva, xa que pertencemos ó mesmo espacio europeo, xa.
Reclamo un PISA para docentes, políticos, empresarios...
miércoles, 5 de diciembre de 2007
Escalada libre
.
Dan Osman, practicante de deportes extremos como a escalada natural sen corda, ou a caída libre controlada, chegando a lanzarse por acantilados de ata 400 metros de altura.
Faleceu o 23 de novembro de 1998 cando tiña 35 anos intentando un salto en caída libre en Learning Tower, California.
Aquí bate o record de velocidade en escalada vertical conseguindo subir 1220 metros en 4´ 25´´. Increíble.
Dan Osman, practicante de deportes extremos como a escalada natural sen corda, ou a caída libre controlada, chegando a lanzarse por acantilados de ata 400 metros de altura.
Faleceu o 23 de novembro de 1998 cando tiña 35 anos intentando un salto en caída libre en Learning Tower, California.
Aquí bate o record de velocidade en escalada vertical conseguindo subir 1220 metros en 4´ 25´´. Increíble.
Día mundial da SIDA
"Al hacer que esta canción pueda ser descargada gratuitamente por Internet esperamos ayudar a Nelson Mandela con su campaña, que busca enviar el mensaje de que nadie está libre de la infección", "Tenemos que estar en conocimiento sobre este tema, protegernos y proteger a aquellos que amamos. Este tema sigue la línea del mensaje personal de Mandela: Está en nuestras manos detener este flagelo".
Picade na imaxe para ver Concerto Online.
Descarga "Di que no es cierto"
Arte efímero
Impresionantes debuxos de Peter Donnelly
Engado o enlace a Jim Denevan, outro dos artistas da area.
A revolta dos ratos
Regatas online
Seguramente existan outros, pero a opción do Liveskipper ten o seu encanto, trátase de un simulador virtual de regatas gratuito e de uso moi sinxelo. De feito, vótase de menos un maior control sobre as variables que inflúen na navegación. Estou seguro que esta interface irá a mais, o poder adictivo está sobradamente demostrado.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)