jueves, 6 de diciembre de 2007

PISA

Estes días a noticia de mais relevancia parece estar nos resultados do informe PISA, é curioso que todo o mundo fale das conclusións dunha avaliación que descoñecemos, eu concretamente aínda non fun capaz de atopar a proba, pero estou seguro de que alguén a viu, si é así, por favor deixade un enlace.



Ocorrenseme un montón de cuestións que poderían sesgar a presunta obxectividade dos resultados:



  • A recoñecida diferencia de puntuacións en base a circunstancias socioeconómicas, sempre a favor dos mais favorecidos, da que tampouco conseguir ver a estadísitica desmenuzada polo miudo para coñecer, por exemplo, a contribución da escola pública respecto da privada á presunta excelencia académica.

  • Tamén resulta significativo que a decisión de ser sometidos voluntariamente a unha avaliación externa non condicione o rendemento nas probas. Moitas comunidades autónomas e algúns países europeos negáronse a facer o control.

  • O mais importante, que a análise se restrinxe a comprobación do rendemento académico do alumnado, considerado producto final dun sistema eductivo, baseado nunha concepción do coñecemento e da excelencia académica globalizadora e incuestionablemente obxectiva, xa que pertencemos ó mesmo espacio europeo, xa.


Reclamo un PISA para docentes, políticos, empresarios...

No hay comentarios: