jueves, 6 de diciembre de 2007

Cans

Paseando co meu can pola veira do río Miño cruzámonos cun descomunal exemplar de Terrier Ruso, unha raza que non tiña visto na miña vida, e que parece ter a facultade de producir unha mezcla de temor e fascinación a quen se lle achega. Xa na casa busquei na rede algunha referencia a estes mastodónticos animais e atopei que se trata de cans deseñados para a guerra, parece que evolucionaron a partir de un macho de Schnauzer xigante (Roi) e femias de Airdale Terrier, Rotwailer, Can de Augas Moscovita, etc. De estes retrocruces comformouse o que hoxe se coñece como Terrier Ruso, curiosamente un can que non se atopa no catálogo de razas perigosas, como moitos outros que aparecen e desaparecen dos listados en función dos caprichos de cada comunidade autónoma. É posible que a perigosidade resida nas técnicas de adestramento, pero a bomba de reloxería xenética que levan dentro produce un pouco de respecto.

Engado un enlace a un relato de Arturo Pérez Reverte "Historia de un perro asesino" que atopei no blog Historias con historia, tamén moi recomendable.  

No hay comentarios: